Carta de Servizos

Transparencia e servizos públicos de calidade, dúas caras da mesma moeda A Deputación Provincial de Ourense ten un compromiso claro coa transparencia e coa prestación de servizos de calidade, tanto aos concellos como ao conxunto da cidadanía. Trátase de dous conceptos centrais para unha institución en plena evolución que fixo da rendición de contas e da mellora das súas prestacións dous dos seus piares fundamentais. No marco dos compromisos asumidos coa aprobación do Código Ético da Deputación, a institución decidiu elaborar e publicar a presente Carta de Servizos, co fin de recoller as prestacións a concellos e cidadáns, así como os seus compromisos de calidade e cumprimento. A Carta de Servizos é un punto de referencia para fixar prestacións e compromisos, pero tamén é un punto de partida para abrir un proceso de mellora. Un mellor coñecemento por parte dos cidadáns e o establecemento de canles de comunicación entre a Deputación e os usuarios permitirá, no futuro inmediato, optimizar, perfeccionar e revisar a carteira de servizos.

A colaboración cos municipios é unha marca de identidade da Deputación de Ourense, pero tamén nos define a atención a todos os ourensáns independentemente do lugar onde vivan. Por isto e porque cremos que a calidade dos servizos está ligada á transparencia, elaboramos unha carta de servizos aberta, viva e que sirva como panca de participación cidadá. A Deputación ten as súas portas abertas. Agora invitámoste a en-trar e a construír todos xuntos a provincia cohesionada que necesitamos.

Unidad de Transparencia

Unidade de Transparencia: seguimento e mellora dos servizos públicos

Co fin de garantir que a Carta de Servizos se converta nunha ferramenta dinámica, activa e con capacidade para responder ás verdadeiras necesidades de cidadáns e municipios, o seu seguimento e xestión estará a cargo da Unidade de Transparencia da Deputación de Ourense.

Contar coa Unidade de Transparencia significa que os servizos se prestan e xestionan cos maiores estándares de calidade, así como que recollen de xeito áxil as peticións de concellos e cidadáns.

As funcións da Unidade de Transparencia no ámbito da Carta de Servizos serán as de responder, canalizar e xestionar queixas e reclamacións; integrar e analizar a información recompilada sobre servizos; articular e estruturar indicadores de cumprimento; establecer canles de comunicación e participación e xestionar o seguimento dos avances, compromisos e melloras implementadas.

Compromisos

A Deputación comprométese

A Deputación comprométese a prestarlles servizos ás entidades locais e cidadáns da provincia de Ourense con transparencia, axilidade, eficiencia e altos estándares de calidade. A institución asume o compromiso de render contas sobre o funcionamento, a mellora e os avances en materia de servizos públicos.

No documento completo da Carta de Servizos dispoñible na web da Deputación reflíctense de xeito detallado as prestacións e os compromisos concretos para cada unha delas.

Con carácter xeral, a Deputación asume os seguintes compromisos:

  • Atención ao usuario: inmediateza, confidencialidade e máxima colaboración.
  • Reclamacións, queixas e suxestións: tramitación e resposta áxil, motivada e por escrito.
  • Impulso das novas tecnoloxías da información: impulso da información, trámites e prestacións que se poidan canalizar a través da Internet ou apoiados en sistemas telemáticos.
  • Calidade dos servizos: mellora continua axustándose aos estándares de calidade máis esixentes e, na medida do posible, prestación similar a todos os cidadáns con independencia do municipio no que residan.
  • Transparencia: máximo compromiso coa rendición de contas e a achega de información comprensible e actualizada.
  • Avaliación e seguimento: participación e consulta a concellos e cidadáns para axustarse ás súas verdadeiras necesidades e mellorar os servizos.
Document
Descarrega
Carta de Servizos
Triptico