Dedicacións e Remuneración Cargos Electos

DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS DA CORPORACIÓN 2019-2023

Dedicación exclusivas:

Desempeñaranse en réxime de dedicación exclusiva os seguintes cargos da Corporación:

  • A Presidencia da Deputación Provincial, con retribución íntegra mensual de 5.166,09 € en 14 pagas.
  • A Vicepresidencia 2ª e 3ª da Deputación Provincial, con retribución íntegra mensual equivalente á dun director xeral da Comunidade Autónoma.
  • A Presidencia do INORDE, con retribución íntegra mensual de 3.916,92 euros.
  • Ata un máximo de tres cargos de deputado – delegado de área, a determinar pola
  • Presidencia (sempre que teñan delegada a facultade de ditar actos administrativos con efectos fronte a terceiros) cunha retribución bruta anual de 48.000 euros.
  • As retribucións correspondentes aos cargos sinalados serán en todo caso renunciables por parte dos seus titulares. Os cargos en réxime de dedicación exclusiva que non perciban retribucións neste concepto terán dereito ao cobro das axudas de custo e indemnizacións por asistencia aos órganos colexiados da entidade á que, en cada caso, presente servizo.
  • Poderán exercerse en réxime de dedicación exclusiva ou parcial, nos termos previstos na presente base, os cargos de portavoz ou outros cargos internos que poidan establecer os grupos políticos. Para estes efectos, e dentro dos límites máximos sinalados nesta base, os grupos políticos, mediante escrito asinado polo seu portavoz titular, determinarán os cargos con dereito a retribución e nomearán ás persoas que os desempeñarán. Para a súa eficacia, os acordos dos grupos deberán ser ratificados por resolución da Presidencia, que unicamente poderá denegar a ratificación no caso de que o acordo do grupo político infrinxa as presentes bases ou non se axuste a Dereito. A resolución da Presidencia deberá ditarse e notificarse ao grupo no prazo máximo dun día hábil dende que o escrito do grupo tivese entrada no rexistro xeral da Deputación, entendéndose outorgada por silencio administrativo en caso contrario, conforme ás normas xerais en materia de procedemento.

Os grupos políticos definirán de xeito discrecional os cargos con réxime de dedicación exclusiva ou parcial, podendo asignala tanto ao portavoz titular como aos seus suplentes ou adxuntos, e tanto aos cargos con funcións de coordinación xeral como a cargos de apoio ao coordinador xeral ou de coordinación ou responsabilidade en materias ou asuntos concretos.

Os límites aplicables son os seguintes:

  • Grupo Popular: 2 dedicación exclusivas.
  • Grupo Socialista: 3 dedicacións exclusivas
  • Grupo de Democracia Ourensana: 1 dedicación exclusiva
  • Grupo do BNG: 1 dedicación excluisva

Cada cargo en réxime de dedicación exclusiva terá unha retribución de 41.000 euros brutos anuais. Os grupos poderán acordar o exercicio de todos ou algúns dos seus cargos en réxime de dedicación parcial, incrementando o número de cargos con dedicación sempre que se respecte a súa equivalencia económica co límite das dedicacións exclusivas de que dispoñen. Os cargos en réxime de dedicación parcial terán a retribución que proporcionalmente lles corresponda.

  • D. José Manuel Baltar Blanco (PP)
  • D. Pácido Alvarez Dobaño (PP)
  • D. César Manuel Fernández Gil (PP)
  • D. Armando Ojea Bouzo (DO) (ata 28/09/2020)
  • D. Pablo Pérez Pérez (PP)
  • Dª. Luz Doporto Real (PP)
  • D. Jorge Pumar Tesouro (PP) (dende 10/09/2020)
  • D. Rafael Rodríguez Villarino (PSOE)
  • D. Diego Fernández Nogueira (PSOE)
  • D. José Ignacio Gómez Pérez (PSOE)
  • D. Bernardo Varela López (BNG)
  • Dª. Montserrat Lama Novoa (CS)

DEDICACIÓNS EXCLUSIVAS DA CORPORACIÓN 2015-2019

e) Dedicacitoria exclusivas: desempeñaranse en réxime de dedicación exclusiva os seguintes cargos da Corporación:

e.1) A Presidencia da Deputación Provincial, con retribución íntegra mensual de 5.166,09 € en 14 pagas.

e.2) A Vicepresidencia 2ª da Deputación Provincial, con retribución íntegra mensual equivalente á dun director xeral da Comunidade Autónoma.

e.3) A Presidencia do INORDE, con retribución íntegra mensual de 3.916,92 euros. As retribucións correspondentes aos cargos sinalados nos apartados e.1), e.2) e e.3) serán en todo caso renunciables por parte dos seus titulares, sen prexuízo do cal manterase o dito réxime de dedicación exclusiva. Os cargos en réxime de dedicación exclusiva que non perciban retribucións neste concepto terán dereito ao cobro das axudas de custo e indemnizacións por asistencia aos órganos colexiados da entidade á que, en cada caso, presente servizo.

e.4) Poderán exercerse en réxime de dedicación exclusiva ou parcial, nos termos previstos na presente base, os cargos de portavoz e/ou coordinador dos grupos políticos. Para estes efectos, e dentro dos límites máximos sinalados nesta base, os grupos políticos, mediante escrito asinado polo seu portavoz titular, determinarán os cargos con dereito a retribución e nomearán ás persoas que os desempeñarán. Para a súa eficacia, os acordos dos grupos deberán ser ratificados por resolución da Presidencia, que unicamente poderá denegar a ratificación no caso de que o acordo do grupo político infrinxa as presentes bases ou non se axuste a Dereito. A resolución da Presidencia deberá ditarse e notificarse ao grupo no prazo máximo dun día hábil dende que o escrito do grupo tivese entrada no rexistro xeral da Deputación, entendéndose outorgada por silencio administrativo en caso contrario, conforme ás normas xerais en materia de procedemento.

Os grupos políticos definirán de xeito discrecional os cargos con réxime de dedicación exclusiva ou parcial, podendo asignala tanto ao portavoz titular como aos seus suplentes ou adxuntos, e tanto aos cargos con funcións de coordinación xeral como a cargos de apoio ao coordinador xeral ou de coordinación en materias ou asuntos concretos. Os límites aplicables son os seguintes:

  • Grupo Popular: 2 dedicación exclusivas e 2 dedicacións parciais ao 75 %.
  • Grupo Socialista: 1 dedicación exclusiva e 2 dedicación parciais ao 75 %.
  • Non existirán cargos con dedicación nos Grupos de Democracia Orensana e do BNG. Cada cargo en réxime de dedicación exclusiva terá unha retribución de 41.000 euros brutos anuais. Os cargos en réxime de dedicación parcial terán a retribución que proporcionalmente lles corresponda.
DEPUTADOSALARIO BRUTO ( ANUAL )
Juan Anta Rodriguez (PP)Parcial
José Manuel Baltar Blanco (PP)72.325,26 €
Miguel Bautista Carballo (PSdeG-PSOE)Exclusiva dende 01-01-2019
Elvira Lama Fernández (PSdeG-PSOE)Parcial
Pablo Pérez Pérez (PP)Exclusiva
Jorge Pumar Tesouro(PP)65.141,80 €